Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IDENTIFICA A TRES PERSOAS POR TIRAR ESCOMBRO E RESTOS DE PODA DE XEITO ILEGAL
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, agradeceu a colaboración cidadá para a localización dalgúns destes infractores
Narón, 8 de outubro de 2020. Axentes da Policía Local de Narón identificaron a tres persoas que no último mes depositaron escombro e restos de poda dun xeito ilegal, o que supón a xeración de vertedoiros incontrolados. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, informou que unha vez identificados os vehículos nos que transportaban os restos, nalgún caso grazas á colaboración cidadá, localizáronse os infractores, con residencia en Narón e comarca. “Unha das persoas tirou restos de poda nunha zona verde de Sedes, outra nunha parcela de Río do Pozo e a terceira depositou escombro procedente dunha obra nunha zona da Faísca”, asegurou o edil. O procedemento a seguir nestes casos conleva a apertura dun expediente por parte dos axentes da Policía Local e que nos casos referidos, segundo asegurou Galego, pode conlevar sancións económicas de ata 3.000 euros. “En función da clasificación da infracción establécese o importe que deberán abonar e a maiores na comunicación que se lles envía infórmase da habilitación dun prazo de quince días para que procedan á retirada dos residuos mentres continúa adiante o expediente sancionador”, explicou. “Dende o goberno local queremos dar as grazas ás persoas que en ocasións son testemuños directos deste tipo de conductas e alertan á Policía Local, porque non sempre é doado localizar ás persoas que realizan estes actos incívicos”, apuntou. Debido á reincidencia dalgún caso e a falta de concienciación entre algunhas persoas sobre o perigo destas conductas o concelleiro responsable da área de Medio Ambiente avanzou que “estamos analizando a viabilidade de endurecer a clasificación destas infraccións e, na actualidade, xa se está intensificando o control deste tipo de actos que deben erradicarse polo perigo medioambiental que supoñen e por dispoñer de instalacións municipais, como o Punto Limpo de Río do Pozo donde os particulares poden depositar determinados residuos, xa que as empresas teñen a obriga de xestionalos a través de servizos especializados”, recalcou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal