Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS PARTICIPANTES NO II CAMPIONATO DE TUTE DO CONCELLO
Os gañadores recollerán os trofeos este sábado no Encontro de Maiores de Pedroso
Narón, 22 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Persoas Maiores, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe no Concello os diplomas ás parellas participantes no II Campionato de Tute para Maiores do Concello de Narón, cuxa final disputouse o pasado 30 de Maio. Cada unha das parellas participantes representou a unha asociación de maiores (A Gándara, Alto, Virxe do Mar, Pedroso, e Santa Icía) nas cales foron seleccionadas 2 parellas seguindo o sistema de eliminatoria a dúas partidas, ou tres en caso de empate. O Alcalde foi o encargado de dirixir unhas verbas ós 17 asistentes ó acto de hoxe, felicitándolles por participar nesta actividade. “Alégrome de que participedes en iniciativas coma ésta porque tamén permiten a relación entre as persoas e o intercambio de opinións e ideas”. O rexedor prometeu tamén implantar un Campionato de Dominó nas asociacións que o demanden, tal e como lle solicitaron hoxe algúns dos participantes. Os gañadores deste II Campionato de Tute para Maiores recibirán os correspondentes trofeos o vindeiro sábado 27 de xuño, no transcurso do Encontro Municipal de Persoas Maiores que se celebrará en Pedroso. Alí serán premiados os campeones (unha parella de Virxe do Mar) e os subcampeones (de O Alto).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal