Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ASISTIR ÁS XORNADAS SOBRE "INTRODUCIR A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA PARTICIPACIÓN CIDADÁ"
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ASISTIR ÁS XORNADAS SOBRE
O vindeiro xoves, día 22, abordarase o tema "Como introducir a perspectiva de xénero nos procesos participativos", tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 20 de outubro de 2020. O Concello de Narón continuará desenvolvendo esta semana as xornadas sobre “Introducir a perspectiva de xénero na Participación Cidadá”, iniciadas o pasado día 15 e organizadas a través da Escola de Participación Cidadá de Narón. Trátase dunha convocatoria de balde que require inscrición previa a través do correo escolaparticipacion@naron.es, ou do enlace: https://cutt.ly/xf4za8b ata mañá ás 20.00 horas para anotarse na segunda proposta, que terá lugar este mesmo xoves, día 22.
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que o vindeiro xoves abordarase o tema: “Como introducir a perspectiva de xénero nos procesos participativos”. Sobre o mesmo falarán entre as 17.00 e as 19.00 horas Mireia Espiau, xefa do servizo de Igualdade do Concello de Gasteiz e docente na UPV, e Natalia Paleo, docente na USC e investigadora en políticas públicas con perspectiva de xénero.
As xornadas celébranse vía telemática debido á actual situación sanitaria, polo que as persoas inscritas poderán participar a través da plataforma Zoom, compartíndose posteriormente as sesións na canle de You Tube da Escola de Participación para que os contidos poidan chegar a máis público.
Para obter máis información pódese escribir ao correo da Escola de Participación de Narón ou chamar ao número de teléfono 603 865 413.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal