Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AJE PRESENTARÁN ESTE VENRES UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA "ADIANTE NARÓN 2020"
As persoas interesadas en inscribirse neste evento deben facelo a través da dirección de correo electrónico: aje@cofernet.com
Narón, 20 de outubro de 2020. O Concello de Narón e a Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra organizan unha nova edición do programa “Adiante Narón 2020”, dirixido a emprendedores e emprendedoras e tamén a empresas de Narón. O vindeiro venres, día 23, terá lugar o acto oficial no que se dará a coñecer esta proposta. A cita será ás 10.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, sendo preciso inscribirse previamente na dirección: aje@cofernet.com debido ás restricións de seguridade impostas pola actual situación sanitaria. Co fin de dar cumprimento ás medidas preventivas establecidas pola Covid-19 este acto emitirase por You Tube, para que poidan acceder á información todas as persoas que o desexen. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que o programa se enmarca no convenio de colaboración que anualmente asinan o Concello e AJE Ferrolterra. O programa constará de catro formacións transversais, ás que poderán asistir emprendedores/as e empresarios/as que desexen mellorar os seus coñecementos no desenvolvemento empresarial ou a comercialización e comunicación dos seus produtos e servizos. A maiores, buscaranse dez proxectos de emprendedores/as de Narón para tutorizalos e lograr que se convirtan en proxectos de éxito a través dos que se poida xerar emprego. Cada participante traballará con tres titores especializados en diferentes áreas, que se dividirán en catro fases: identificación de oportunidades, desenvolvemento persoal, modelo de negocio e desenvolvemento comercial do proxecto e marco estratéxico do proxecto. Posteriormente haberá unha sesión de consultoría para consolidar os coñecementos adquiridos durante todo o proceso e validar no mercado a súa proposta e outra consultoría de imaxe comercial. Ferreiro animou aos emprendedores e emprendedoras da cidade e tamén aos empresarios e empresarias a inscribirse neste programa “pensado para impulsar o emprendemento na nosa cidade, proporcionando unha serie de ferramentas axeitadas e adaptadas a proxectos concretos e promovendo a creación de emprego e o asentamento de novas empresas en Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal