Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS
 A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS
Marián Ferreiro e José Díaz rubricaron o acordo no que se contempla unha achega das arcas locais de 15.000 euros para a entidade naronesa
Narón, 21 de outubro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración co presidente da Fundación Terra de Trasancos (O Val), José Díaz, co fin de continuar desenvolvendo actividades no ámbito da acción social. A entidade recibirá das arcas municipais unha partida de 15.000 euros, con cargo á que se realizarán varias propostas dirixidas á cidadanía.
En virtude a este acordo levaranse a cabo os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva, do grupo de apoio en patoloxía osteoarticular, artritis reumatoide e artrose, o de aerobic terapéutico, de coredance, de informática e internet, de psicomotricidade e de ximnasia terapéutica, tal e como se recolle no documento asinado pola alcaldesa e o presidente da Fundación Terra de Trasancos.
A maiores, a citada Fundación colaborará co Concello en eventos conmemorativos que se organicen dende a administración local e cunha temática relacionada coa área de acción social.
As actividades programadas desenvolveranse no local da entidade, agás no caso de que non sexa posible, e atendendo en todo momento ás indicacións que se formulen dende as autoridades sanitarias debido á crise da Covid-19.
Ferreiro indicou que dende o Concello se asinan cada ano convenios de colaboración para impulsar actividades relacionadas coa promoción social da cidadanía e destacou o labor da Fundación Terra de Trasancos, “unha entidade que conta cos recursos, a infraestrutura e a experiencia necesarias para traballar co colectivo ao que se dirixen as actividades incluídas neste convenio, as veciñas e veciños da zona rural do municipio, que dispoñen deste xeito dunhas instalacións próximas nas que poder participar en propostas enmarcadas no programa municipal de maiores do Concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal