Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ABONAR LIQUIDACIÓNS DE ACOMETIDAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO RURAL
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ABONAR LIQUIDACIÓNS DE ACOMETIDAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO RURAL
A convocatoria diríxese a familias empadroadas en Narón e concretamente destinarase a actuacións dos novos tramos das parroquias de Castro, O Val, Pedroso e o lugar de Outeiro
Narón, 21 de outubro de 2020. O Concello de Narón manterá aberto dende mañá e durante os vindeiros 15 días hábiles o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural. Estas axudas, con cargo a unha partida de 40.000 euros, diríxense a familias con escasa capacidade económica, co fin de sufragar en parte o custe desas acometidas. O Concello subvencionará as acometidas realizadas con posteridade ao remate do prazo de solicitude de axudas convocadas dende o ano 2019 ata o último día do prazo de solicitude deste ano en novos tramos das parroquias de Castro, O Val, Pedroso e no solo de núcleo rural próximo á zona urbana, concretamente no lugar de Outeiro.
A maiores, tamén se subvencionarán as obras de acometidas que estando rematadas dentro do prazo de solicitude das axudas da convocatoria de 2019 quedaran pendentes de recibir a notificación da liquidación tributaria do importe deses traballos ao remate do prazo da citada convocatoria.
As axudas desta convocatoria poderán solicitalas propietarios de vivendas con escasa capacidade económica que houberan satisfeito ou deberan satisfacer (se solicitaron ou teñen concedido o fraccionamento de pago) o importe das taxas xeradas para conectarse á rede xeral de auga ou alcantarillado na zona rural especificada nesta convocatoria. Para poder obter a axuda é imprescindible que o beneficiario ou beneficiaria estea empadroado en Narón, na vivenda para a que solicita a subvención, tal e como figura nos requisitos.
As solicitudes pódense presentar dende mañá xunto coa documentación correspondente a través do modelo oficial do Concello na Sede Electrónica –sedeelectronica.naron.es- ou no Rexistro Xeral do Concello. Así mesmo, pódese consultar a información ao respecto tanto na web do Concello –www.naron.es- como a través da Sede Electrónica de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal