Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE VISITA A BIBLIOTECA PARA INTERESARSE POLO SISTEMA DE DIXITALIZACIÓN DOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS
O ALCALDE VISITA A BIBLIOTECA PARA INTERESARSE POLO SISTEMA DE DIXITALIZACIÓN DOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS
Narón, 22 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, visitou hoxe a Biblioteca Municipal do Alto, para interesarse polo sistema de préstamo informatizado que estase a implantar neste edificio. O rexedor estivo acompañado pola edil de Ensino e Bibliotecas, Manuela Pérez Sequeiros, e aproveitou a sua estancia aquí para renovar o seu carnet de socio, que leva o número 8. A día de hoxe, a Biblioteca Municipal conta cun total de 12.577 socios.

Segundo explicoulles a bibliotecaria municipal, Ainhoa González, estase a informatizar tódolos fondos bibliográficos municipais, que suman perto de 49.000 volúmenes. Actualmente está dixitalizado o 75% do total, que corresponde a tódolos fondos adquiridos a partires do ano 1997, e tamén tódolos volúmenes de narrativa infantil e teatro de adultos.

O proxecto de dixitalización dos fondos bibliográficos responde á necesidade de ter informatizado todo o material, o que permitirá ós socios consultar a oferta disponible a través do programa Proxecto Meiga, ó que pertencen tamén outras bibliotecas públicas. Dende a Biblioteca do Alto estase a traballar agora na elaboración dun carnet dixital para que o empreguen os socios unha vez que póidase empregar este programa por parte dos usuarios.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, expresou o seu apoio a este servizo e comprometeu os medios técnicos necesarios para manter o sistema de préstamo informático, unha vez que entre en servizo. A Concelleira de Bibliotecas, Manuela Pérez Sequeiros, lembrou que a Biblioteca mellorou nos últimos meses o seu eqiupamento de ordenadores e que recuperouse a área específica de lectura infantil. Tamén comentou que a Biblioteca contará proximamente cunha páxina web propia.

Por outra parte, a Biblioteca dispón xa dunhas guías de lecturas recomendadas para o verán, tanto para o público infantil coma para os adultos. Nelas recóllense diferentes suxestións sobre libros para leer na época estival, e que atópanse neste espazo público de lectura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal