Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CONVOCATORIA DE INVESTIMENTO NETIN CLUB NARÓN" DIRIXIDA A EMPRENDEDORAS E EMPRENDEDORES
O Concelleiro de Promoción Económica, David Pita, animou ás persoas ás que se dirixe esta convocatoria a participar na mesma, estando supeditado o aforo no modo presencial ás medidas sanitarias que estean en vigor no momento da celebración do evento
Narón, 21 de outubro de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e Jesús López, director de Netin Club na Coruña e Lugo, presentaron a “Convocatoria de investimento Netin Club Narón” que se desenvolverá o vindeiro 28 de outubro no Pazo da Cultura ás 18.30 horas. As persoas interesadas en participar poderán facelo vía telemática, inscribíndose no enlace: https://www.eventbrite.es/e/registro-convocatoria-de-inversion-netin-club-naron-la-coruna-28-oct-2020-124398020829 ou tamén de xeito presencial, a través do formulario: https://forms.gle/ZoFJCHtXALbHckSU7, quedando supeditada esta última opción en canto ao aforo ás medidas derivadas da actual situación sanitaria. “Trátase dun evento novidoso no Concello centrado no investimento e que consideramos de gran importancia para emprendedoras e emprendedores, aos que animamos a participar nesta convocatoria”, indicou Pita. O acto de presentación será ás 18.30 horas e ao mesmo está prevista a asistencia do concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e o conselleiro delegado de Netin Club, Enrique Saint-Gerons. O director de Netin Club A Coruña e Lugo, Jesús López, será o encargado da primeira ponencia, ás 18.50 horas, sobre “Que é Netin Club?” e, a continuación –sobre as 19.00 horas-, o empresario naronés José Ramón Franco, xerente do Grupo Intaf, falará sobre a súa experiencia empresarial. Unha vez rematadas as dúas ponencias previstas, catro start ups que buscan financiación daranse a coñecer na cidade a través deste evento, no que presentarán a súa estratexia e previsión de negocio. Entre os asistentes haberá fondos de investimento a nivel nacional para escoitar estas iniciativas e analizar a viabilidade de financialas. O director de Netin Club da Coruña e Lugo, Jesús López, agradeceu a colaboración do Concello de Narón. “A de Narón é a primeira ronda de investimento que imos facer no norte de España, neste caso en Galicia”. Avanzou que os proxectos que se presentarán son Smartwood, que achega a dixitalización ao mundo rural, a agricultura e o sector forestal; Eprox, unha ecomerce que aposta polo comercio local dotando aos pequenos comerciantes dunha ferramenta dixital que lles axude a dar visibilidade aos seus produtos; LiipCare, que creou unha pulsera que axuda aos pais no coidado dos seus fillos e fillas e, por último Ertha, que crea unha alternativa sostible altamente ecolóxica ás tablas de surf convencionais. Estes proxectos tan innovadores teñen cinco minutos para a súa presentación e logo abrirase un debate para que se poidan plantexar posibles dúbidas destas tres start up. “O noso obxectivo é que ningún bo proxecto dun emprendedor se quede no camiño por falta de financiamento”, destacou López. Sobre as 19.50 horas dará comezo a ponencia de David Conde, cofundador de Coinscrap e ao remate da súa intervención explicarase aos asistentes como poden facerse membros de Netin Club. A clausura do evento está prevista para as 20.30 horas. O edil de Promoción Económica recalcou que “Narón ten chan industrial dispoñible, polo que dende o Concello queremos facer un chamamento aos inversores que queiran vir a Narón, porque Narón é empresa, para coñecer de primeira man o traballo que realiza Netin Club, o primeiro club dirixido a pequenos e medianos inversores e tamén as experiencias que se narrarán nesta convocatoria”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal