Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AJE PRESENTARON NO PAZO DA CULTURA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA "ADIANTE NARÓN 2020"
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o presidente de AJE Ferrolterra, Luis González, foron os encargados de presentar a convocatoria, á que acudiu unha representación de emprendedoras e emprendedores de Narón e comarca
Narón, 23 de outubro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o presidente de AJE Ferrolterra, Luis González, presentaron esta mañá no Pazo da Cultura unha nova edición do programa “Adiante Narón 2020”, organizado en virtude ao convenio que o Concello mantén coa citada entidade. Á convocatoria, que se puido seguir online, acudiu tamén unha representación de emprendedoras e emprendedores que apostaron por impulsar algún proxecto na cidade, compartindo a súa experiencia e valorando o resultado da mesma. Ferreiro foi a encargada de abrir o acto, no que se presentou este programa a través do que se impulsa que unha decena de proxectos emprendedores da cidade reciban unha tutorización para desenvolver os seus negocios. A alcaldesa destacou a iniciativa de AJE Ferrolterra e a súa implicación e traballo coas emprendedoras e emprendedores “axudándolles a que inicien a posta en marcha dun proxecto ou melloren a súa situación no caso de que xa estean operativos”. “Sodes o motor do noso concello e sobre todo nestes momentos de crise e quero que saibades que contaredes sempre co noso apoio. Tedes as portas do Concello abertas”, recalcou Ferreiro, animando aos asistentes e desexándolles moitos éxitos. O presidente de AJE Ferrolterra tomou a continuación a palabra para agradecer en primeiro lugar a colaboración do Concello naronés “que sempre nos recibe cos brazos abertos para levar calquera tipo de actividade” e aos emprendedores e emprendedoras por participar no programa e volcarse por esta comarca. “É moi importante que xurdan ideas e máis aínda que se convirtan en proxectos estables, duradeiros no tempo e que se adapten a unha nova realidade”, asegurou González. A continuación, as emprendedoras e emprendedores presentes no acto valoraron os seus proxectos, xa en marcha, e a axuda prestada na anterior edición do programa “Adiante Narón 2020”. Nesta ocasión presentáronse os proxectos “Mcen”, sobre enxeñaría, autoconsumo e eficiencia enerxética; “Turística”, unha empresa de xestión de aloxamentos turísticos; “Espacio Vivo”, un centro multidisciplinar de actividades, formación e saúde, e “Fiestoke”, de eventos infantís. Os impulsores destes catro proxectos participaron nun debate posterior para compartir as súas experiencias durante o acto, que se prolongou durante unhas dúas horas. O programa, dirixido a emprendedoras e emprendedores que queiran lanzar unha nova liña de negocio ou reforzar a existente consta de catro formacións grupais e oito tutorizacións individuais, que comezarán no mes de novembro. A convocatoria está aberta ata o 31 de outubro e as inscricións poden realizarse a través do mail: aje@cofernet.com ou do número de teléfono 981 333 322.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal