Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORARÁ MAÑÁ NA PRAZA DE GALICIA O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
O CONCELLO CONMEMORARÁ MAÑÁ NA PRAZA DE GALICIA O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, incidiu en que a participación nas actividades require inscrición previa e na importancia do cumprimento de todas as medidas de seguridade
Narón, 23 de outubro de 2020. A Praza de Galicia acollerá mañá os actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Biblioteca. Así o recordou a edil responsable da área, Mercedes Taibo, que explicou que por razóns alleas ao consistorio no día de hoxe foi preciso realizar un cambio na primeira das sesións de contacontos programadas, que correrá a cargo da compañía Fantoches Baj e non de Teatro Ghazafelhos, tal e como estaba previsto inicialmente.
A primeira cita do programa mantense ás 11.30 horas, cando se poderá ver o espectáculo de narración oral e monicreques “Novos lobos”, donde se aborda o tema do xénero dende a perspectiva das novas masculinidades. A acción desenvólvese nun pequeno refuxio de montaña, donde un pastor coida das súas ovellas (representadas polo público) e a través desa historia trátase de ofrecer aos asistentes ferramentas conceptuais para axudar a previr a violencia de xénero.
A continuación, ás 13.00 horas, terá lugar o segundo contacontos, “Corochas”, dirixido a bebés de 0 a 3 anos e a cargo de Atenea García. A narración oral, a manipulación de obxectos e a música centran esta proposta que permitirá experimentar múltiples sensacións.
Pola tarde continuará a programación cun obradoiro de ilustración a partir das 17.00 horas, no que o artista local Leandro Lamas irá realizando un debuxo sobre unha pizarra e dando as oportunas indicacións ao público para que o realice pola súa conta nun papel. Para participar nesta iniciativa é preciso que a xente leve papel, un lápiz, goma de borrar e algo para apoiar o papel e poder realizar o debuxo. Finalmente, pechará a convocatoria deste ano o concerto da narradora, actriz e escritora Charo Pita.
Taibo recordou que hai que inscribirse previamente para participar, podendo aínda facelo esta tarde chamando á Biblioteca municipal -no horario de apertura- e indicou que no caso de que queden vacantes será posible anotarse mañá na Praza de Galicia –baixo a carpa na que se desenvolverán as actividades- ata completar o aforo permitido.
Os asistentes deben levar obrigatoriamente máscara (agás os menores de seis anos, para os que é opcional) e terán que desinfectar as mans antes de entrar na carpa cunha solución hidroalcohólica que se facilitará á entrada. O acceso á carpa realizarase de xeito organizado, por unidades de convivencia e as cadeiras instaladas baixo a mesma manterán a distancia de seguridade entre persoas (agrupadas por unidades de convivencia) e serán debidamente desinfectadas entre unha actividade e a seguinte. Todas as persoas que acudan deberán facilitar os seus datos (nome completo e número de teléfono de contacto) para que quede rexistrada a asistencia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal