Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA AS OBRAS PARA DOTAR DA REDE DE SANEAMENTO A PRETO DUN CENTENAR DE VIVENDAS DOS LUGARES DE FERRERÍAS E PRADOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que a actuación iniciada nesta zona do rural naronés orzamentouse en algo máis de 554.000 euros
Narón, 24 de outubro de 2020. O Concello de Narón continúa avanzando na implantación do servizo de saneamento na zona rural do municipio. Así o recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, tras anunciar o inicio dos traballos programados nos lugares de Ferrerías e Prados, orzamentados en conxunto en 554.236 euros. Esta mesma semana, tal e como indicou, operarios da empresa adxudicataria comezaron as obras previstas, que implican a regulación do tráfico a través dun sistema semafórico portátil nos tramos nos que se desenvolve a actuación, co fin de garantir a seguridade na zona. Ferreiro explicou que o proxecto contempla a instalación dun colector na zona de Ferrerías e Prados, na estrada provincial DP-5404, para poder ofrecer o servizo de saneamento a un total de 72 vivendas e con capacidade para ampliar potencialmente esa cifra ata os 97 inmobles. “Dende o grupo de goberno continuamos traballando para dotar ao núcleo rural dun servizo moi necesario, como neste caso o saneamento”, indicou a rexedora local. Así mesmo, asegurou que “nos últimos anos acometéronse varias actuacións deste tipo noutras parroquias do municipio”. Ferreiro avanzou que “nesta mesma liña é na que seguiremos traballando, habilitando unha serie de partidas para continuar avanzando na materialización deste tipo de proxectos, con importantes investimentos como é neste caso o de Ferrerías, de algo máis de medio millón de euros”. No que respecta ao servizo de saneamento a alcaldesa recordou que “na actualidade tamén se están ultimando os traballos de reforzo da rede de saneamento nun tramo da estrada de Castela, o comprendido entre o Camiño do Pino e o parque de Freixeiro”. Trátase neste caso, asegurou “doutra importante actuación, neste caso cun investimento de 108.600 euros, que nos permite completar os traballos programados na zona rural con outros que levamos a cabo no núcleo urbano”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal