Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE DE XEITO TEMPORAL OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE "ENVELLECEMENTO ACTIVO"
As actividades que se estaban impartindo nos Centros Comunitarios de Narón non se impartirán dende o luns e ata novo aviso debido á aplicación das novas medidas sanitarias para frear o avance da Covid-19
Narón, 24 de outubro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro anunciou que o Concello suspenderá temporalmente dende o vindeiro luns, día 26 (incluído) os obradoiros do programa municipal de Envellecemento Activo. A decisión adóptase con motivo da aplicación das novas medidas da orde de 21 de outubro de 2020 da Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19. As sesións de ioga, ximnasia rehabilitadora, memoria, apoio á informática, lectura e escritura, comunicación, labores e demáis actividades enmarcadas no citado programa municipal que se estaban desenvolvendo nos Centros Comunitarios de Narón non se impartirán temporalmente, ata novo aviso. As novas limitacións sanitarias complican o desenvolvemento da programación e implicarían reducir aínda máis os grupos e establecer quendas para poder garantir a seguridade dos asistentes nos termos marcados pola Xunta. Así mesmo, tal e como se indicou, este programa diríxese a persoas maiores de 60 anos, un sector particularmente castigado pola Covid-19 ao considerarse persoal de risco. A rexedora local pediu á cidadanía desculpas polas molestias que poida ocasionar esta medida, sobre a que recalcou a necesidade de adoptala e, ao mesmo tempo, recordou ás veciñas e veciños a importancia de cumprir escrupulosamente todas as indicacións que decreten as autoridades sanitarias para frear o avance desta pandemia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal