Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL RESPALDOU A CONCENTRACIÓN DESTE MEDIODÍA NA PRAZA DE GALICIA REIVINDICANDO MELLORAS PARA A ATENCIÓN SANITARIA
Marián Ferreiro anunciou que o grupo de goberno -Terra Galega e PSOE- e o BNG levarán ao pleno deste xoves unha moción en apoio das reivindicacións do colectivo
Narón, 27 de outubro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, o voceiro de TEGA, Román Romero, e outros edís do grupo de goberno secundaron este mediodía, ás 12.00 horas, a concentración que tivo lugar na Praza de Galicia para reivindicar máis persoal e recursos nos centros sanitarios. Con carteis nos que se podía ler “Non podemos máis” representantes sanitarios do centro de saúde do Alto denunciaron a situación que están atravesando debido á crise da Covid-19 e ás dificultades coas que se atopan no día a día para poder desenvolver o seu traballo nas condicións óptimas. A rexedora local trasladou o seu apoio e o do goberno local naronés ao colectivo e anunciou que no pleno que se celebrará este xoves se abordará unha moción dos grupos municipais Terra Galega, PSOE e BNG en apoio aos acordos da plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e para a mellora dos servizos da sanidade pública en Narón e na Área Sanitaria de Ferrol. Entre as medidas que se reclaman da administración autonómica están: información transparente sobre a pandemia, incrementar o orzamento sanitario, repoñer recursos que foron suprimidos en Atención Primaria, aumento de persoal… anunciando que se solicitará unha entrevista co Conselleiro de Sanidade para plantexarlle estes e outros asuntos. No referente á cidade, Ferreiro explicou que tamén a través desta moción se insta á Xunta de Galicia a solucionar o problema da Praza de Galicia para poder acceder ao centro de saúde, evitando aglomeracións de persoas no exterior do edificio á espera do seu turno e reforzar a atención telefónica na cita previa e no PAC de Narón. “Son vellas reivindicacións das nosas veciñas e veciños e que contan con todo o respaldo do goberno local, que en reiteradas ocasións lle trasladou, sen éxito, estas demandas a representantes da Área Sanitaria”, asegurou a alcaldesa. Así mesmo, en canto a Narón reclamarase á Xunta unha Unidade de Psicoloxía clínica para o novo centro de saúde e un servizo permanente de Cirurxía vascular na Área Sanitaria de Ferrol.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal