Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU HOXE O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO "XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO ACOLLEU HOXE O ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, entregou os cheques simbólicos aos autores das tres imaxes con mellor puntuación no certame
Narón, 27 de outubro de 2020. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, entregou esta mañá no Concello os premios do “XI Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Á cita acudiron os gañadores dos mesmos: Marcos López Alonso, veciño de Ferrol, que obtivo o primeiro (750 euros) coa súa imaxe “Narón é outro conto”; un veciño de Neda, Diego Pita Díaz, obtivo o segundo premio, valorado en 300 euros, pola fotografía “Narón seguro” e unha veciña de Bergondo, Rocío Carro Vázquez, gañou o terceiro, de 150 euros, coa súa imaxe “Amor pola lectura”.
A edil de Turismo felicitou aos gañadores desta nova edición do certame e agradeceu a súa participación, así como a dos resto de persoas –outras vinte e nove- que presentaron fotografías. Así mesmo, Hermida anunciou que ao igual que en anos anteriores o Concello editará un calendario de sobremesa coas doce imaxes que obtiveron a mellor puntuación do xurado de todas as presentadas, un total de oitenta e seis. O impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade foron os criterios que valoraron os integrantes do xurado, que se reuniron no Concello o pasado 2 de outubro, formando parte do mesmo tres fotógrafos profesionais: Carlos Carballeira, Francisco Delgado e Marisa Rivas.
As doce imaxes que ilustrarán o novo calendario poden verse na web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/concurso-fotografia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal