Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHAS 300 PERSOAS PARTICIPARON VÍA TELEMÁTICA NA "CONVOCATORIA DE INVESTIMENTO NETIN CLUB NARÓN"
UNHAS 300 PERSOAS PARTICIPARON VÍA TELEMÁTICA NA
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, incidiu en que dende o goberno local se aposta por atraer novos inversores a Narón, referente industrial da comarca
Narón, 28 de outubro de 2020. O Pazo da Cultura acolleu esta tarde, a partir das 18.30 horas a “Convocatoria investimento Netin Club Narón” dirixida a emprendedoras e emprendedores. Na convocatoria participaron preto de cincuenta persoas de xeito presencial e outras 300 vía telemática, dando así cumprimento ás normativas en vigor debido á actual situación sanitaria para o desenvolvemento deste tipo de actos. O Conselleiro delegado de Netin Club, Enrique Saint-Gerons deu a benvida aos participantes no evento, agradeceu a colaboración do Consistorio naronés e asegurou que “é un auténtico privilexio para nós estar aquí hoxe, amosando as posibilidades que ofrece Narón como centro para a promoción do investimento e o emprendemento en Galicia”.
A continuación o edil de Promoción Económica, David Pita, agradeceu aos integrantes de Netin Club o feito de que pensasen en Narón para desenvolver este evento e a colaboración de todos os ponentes. “Dende o Concello queremos destacar o importante papel que xoga o tecido empresarial da cidade e tamén as posiblidades que ofrecen os tres polígonos industriais ubicados no termo municipal”, indicou. Así mesmo, subliñou que “queremos ofrecer ás empresas todas as posibilidades e colaboración necesarias para que se asenten neste concello porque queremos ser terra de emprendedores e atraer a novos inversores”.
A primeira das ponencias, sobre “Que é Netin Club?” correu a cargo de Jesús López, director de Netin Club na Coruña e Lugo, que destacou a implicación do Concello de Narón con este evento e explicou as liñas de traballo de Netin Club, un club de inversores privados. Trala súa intervención cedeu o turno ao empresario naronés José Ramón Franco, xerente do Grupo Intaf, que explicou aos participantes a súa experiencia empresarial, que partiu dun negocio familiar e que hoxe en día é todo un referente non só a nivel nacional senón tamén internacional dende as súas empresas, con sede en Narón.
Entre o público atopábanse representantes de varios fondos de investimento nacionais que escoitaron atentamente aos representantes das catro “start up” que presentaron as súas estratexias e previsións de negocio nesta convocatoria, a primeira ronda de investimento de Netin Club organizada no norte de España. Os proxectos que se presentaron foron: Smartwood, sobre o achegamento da dixitalización ao mundo rural, a agricultura e o sector forestal; Eprox, unha e-comerce que trata de impulsar o comercio local dotando aos pequenos establecementos dunha ferramenta dixital que dea visibilidade aos seus produtos; LiipCare, que creou unha pulseira que axuda aos pais no coidado dos seus fillos e fillas e Ertha, que impulsa unha alternativa sostible e altamente ecolóxica ás tablas de surf convencionais. Durante un tempo aproximado de cinco minutos os responsables de cada un destes proxectos expuxeron as súas propostas ante os inversores alí presentes e os que participaron, xunto con outras emprendedoras e emprendedores vía telemática.
O cofundador da empresa Coinscrap, David Conde, explicou aos participantes como facerse socios de Netin Club e resumiu o traballo que se desenvolve dende esta entidade. Finalmente, José Antonio Caballero, CEO de Netin Club, encargouse de clausurar a convocatoria, na que tamén estivo presente Yolanda Tomico, directora xerente da entidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal