Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS "EDUCORUMBO"
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS
As edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Benestar Social, Catalina García, indicaron que se trata dunha proposta educativa dirixida a menores en risco de exclusión social
Narón, 29 de outubro de 2020. O Concello organiza a través das áreas de Ensino e Benestar Social o programa "Educorumbo", uns obradoiros de reforzo educativo dirixidos a menores en risco de exclusión social. As edís responsables das citadas áreas municipais, Mercedes Taibo e Catalina García, respectivamente, anunciaron que mañá se abrirá o prazo de inscrición –de balde- nesta convocatoria para alumnado de centros educativos de Narón cursando ESO ou FPBI derivados polo Servizo Sociocomunitario e para a que hai un total de 32 prazas. As clases desenvolveranse nas instalacións da Casa da Mocidade entre o vindeiro luns e o 31 de maio de 2021.
Os participantes dividiranse en diferentes grupos por días e horas para dar cumprimento ás medidas de aforo en vigor implantadas debido á actual situación sanitaria. Entre os obxectivos deste programa, tal e como explicaron as edís naronesas, está “potenciar todas as capacidades do alumnado para lograr a súa inserción, o pleno desenvolvemento, a integración e a participación na vida social e persoal”. Favorecer melloras na autoestima e nos hábitos de vida e adquirir competencias sociais son tamén dous dos obxectivos desta convocatoria, na que se abordarán temas como o apoio escolar, a activación saudable, actividades de lecer e tempo libre, educación en habilidades sociais e apoio, orientación e intervención familiar.
As solicitudes poden presentarse dende esta madrugada -as 00.00 horas- a través da Sede Electrónica do Concello, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O formulario de inscrición estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello e o prazo para anotarse estará aberto ata esgotar todas as prazas ofertadas, que se cubrirán por orde de inscrición.
Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1111, 1108 ou 1109) ou escribir un correo electrónico á dirección: omix@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal