Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, animou á veciñanza a inscribirse nesta nova convocatoria formativa que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 29 de outubro de 2020. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, a partir desta noite –ás 00.00 horas- do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán entre os meses de novembro e decembro na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48.
Os cursos que se impartirán son: Preparación para o CODIX (120 horas), do 9 de novembro ao 22 de decembro, entre as 9.30 e as 13.30 horas; Trámites en Sede Electrónica (28 horas), do 9 ao 17 de novembro, de 16.00 a 20.00 horas e Ofimática básica (92 horas), do 18 de novembro ao 22 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas.
A concelleira de Formación informou que cada unha destas accións formativas se dirixe a un máximo de nove persoas, polo que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza.
O Concello continúa sendo recoñecido como Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia) debido á elevada actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías, que animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal