Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMN@S DE 3º DA ESCOLA DE ACTORES E ACTRICES ESTREAN UNHA OBRA DE TEATRO
ALUMN@S DE 3º DA ESCOLA DE ACTORES E ACTRICES ESTREAN UNHA OBRA DE TEATRO
O texto titúlase "Onde andas, Karl?" e está escrito polo premiado Rubén Ruibal
Narón, 24 de Xuño de 2009.- Alumnos e alumnas da Escola Municipal de Formación de Actores e Actrices de Narón estrearán mañá xoves no Pazo da Cultura unha obra de teatro escrita polo gañador dun Premio Nacional de Teatro, Rubén Ruibal e dirixida polo dramaturgo naronés e mestre da Escola de Teatro, Jose Luis Prieto. A peza leva por título “Onde andas, Karl?” e será representada por estudantes de 3º curso da citada escola, no Pazo da Cultura, a partires das 20:30 horas. O prezo das entradas é de 4 euros.

A sipnose da obra recolle as similitudes entre cinco personaxes: un filósofo positivista, unha novelista decimonónica, un campión do mundo dos pesos pesados, unha amantísima esposa-nai-avoa, e unha empresaria de artigos deportivos. Este quinteto teñe en común o feito de que todos están enterrados no mesmo cemiterio que Karl Marx, e se preguntan ónde está o recoñecido filósofo.

Segundo explicaron hoxe o autor e o director do espectáculo, “trátase dunha comedia absurda e cadavérica en estado de descomposición”. O elenco está formado por Leandro Lamas, Sena Hermida, Maite Da Costa, Keke Díez, e Yolanda Lozano. Ten unha duración de 80 minutos, nos que haberá acción, chispa e humor.

A editorial Embora publicará proximamente este texto, cuxo autor expresou hoxe o seu agradecemento ó Padroado de Cultura, por telo invitado a participar neste proxecto. “Supón un orgullo para mín colaborar co Concello de Narón, que é un referente en cuanto a política teatral e debería ser un exemplo para outros concellos”, declarou Rubén Ruibal.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, engadiu que en Narón tense sentado dende fai tempo as bases “para seguir mantendo as actividades sociais, culturais e deportivas especialmente en épocas de crise coma ésta. É un orgullo para nos poder presentar iniciativas coma ésta”, asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal