Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ASOCIACIÓN ASFEDRO EN CONVENIO CO CONCELLO DE NARÓN ORGANIZA UN CURSO DE MEDIADORES/AS SOCIAIS EN PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS
A ASOCIACIÓN ASFEDRO EN CONVENIO CO CONCELLO DE NARÓN ORGANIZA UN CURSO DE MEDIADORES/AS SOCIAIS EN PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS
O curso está dirixido a persoas que desenvolven o seu labor en entidades e asociacións do tecido social do concello
Narón, 30 de outubro de 2020. Enmarcado no convenio de colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación Ferrolana de Drogodependencia ASFEDRO, a entidade organiza un “Curso de mediadores /as sociais en prevención de condutas adictivas”. Esta acción formativa vai dirixida a persoas interesadas na prevención de condutas adictivas e que desenvolvan o seu labor en entidades e asociacións que formen parte do tecido social do concello de Narón. Obxectivos fundamentais deste curso son acadar a sensibilización da comunidade sobre as adiccións e a importancia de levar a cabo actuacións de prevención das condutas adictivas cos diversos colectivos cos que traballan.
No desenvolvemento do curso trataranse contidos como a saúde comunitaria, información sobre as condutas adictivas, adolescencia, drogas e adiccións, enfoques actuais e o papel do mediador/a na prevención das condutas adictivas.
O curso é gratuíto e será impartido en liña a través da plataforma Google Meet. Terá unha duración de 14 horas desde o día 5 de novembro ate o día 17 de decembro de 2020, os xoves de 18.00 a 20.00 horas.
As persoas interesadas poderán efectuar a súa inscrición, ate o día 4 de novembro ás 21.00 horas, a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com , facilitando nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico e, se é o caso, a entidade ou asociación á que pertence.
Para máis información poden chamar ao número de teléfono: 981 37 21 12



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal