Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA DECRETOU O PECHE PERIMETRAL DE NARÓN, FERROL, NEDA E FENE CON RESTRICIÓNS DE MOBILIDADE PARA FREAR O AVANCE DA PANDEMIA POLA COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reiterou o seu chamamento á responsabilidade individual para frear a escalada de contaxios por coronavirus
Narón, 30 de outubro de 2020. O Diario Oficial de Galicia de hoxe recolle as restricións de mobilidade -inicialmente ata o vindeiro martes, día 3- que debido á actual situación sanitaria afectan a varios concellos da comarca, entre eles o de Narón. Según comunicou esta mañá a Xunta de Galicia, a maiores de Narón, en Ferrol, Fene e Neda non se permite a mobilidade cara ao exterior aínda que si entre estes catro municipios, tal e como se contempla no DOG. No citado documento contémplanse as excepcións para a anterior limitación, quedando exceptuados da mesma os desprazamentos xustificados que se produzan por motivos como asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios, cumprimento de obrigas profesionais, laborais, legais, asistencia a centros docentes e educativos, retorno ao lugar de residencia habitual, coidado de persoas maiores, menores e dependentes... e outras que se poden consultar ao completo no DOG de hoxe -xunto con outras limitacións e restricións- a través do enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201030/2474/AnuncioC3B0-301020-1_gl.html. As medidas aplicadas dende este mediodía contemplan tamén a prohibición de reunirse persoas que non sexan convivintes, tanto en espazos de uso público -pechados ou ao aire libre- como de uso privado. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reiterou o seu chamamento á responsabilidade individual para frear a escalada de contaxios pola Covid-19, cumprindo todas as medidas indicadas dende as autoridades sanitarias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal