Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA APRAZA AS DÚAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS PROGRAMADAS PARA ESTA FIN DE SEMANA
O PADROADO DA CULTURA APRAZA AS DÚAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS PROGRAMADAS PARA ESTA FIN DE SEMANA
Os dous espectáculos reprogramaranse no primeiro semestre do vindeiro ano e as persoas que xa tiñan as entradas poden solicitar a devolución do importe das mesmas
Narón, 30 de outubro de 2020. O Padroado da Cultura de Narón anuncia o aprazamento das dúas representacións teatrais previstas para esta fin de semana no Pazo da Cultura con motivo das novas medidas decretadas pola Xunta esta mesma mañá, encamiñadas a frear a propagación da Covid-19. A programación contemplaba a representación mañá da comedia “O mozo da última fila”, ás 20.00 horas, da compañía Redrum Teatro e na xornada do domingo, “Xurásico perdido”, ás 18.00 horas, de Títeres Cachirulo.
Estas dúas propostas culturais retomaranse coa programación do primeiro semestre do vindeiro ano no Pazo da Cultura, tal e como se acordou, polo que se anunciarán as novas datas cando sexa posible.
En canto ás entradas para estes dous espectáculos xa se pode solicitar a devolución do importe das mesmas, que se procederá a abonar a través do mesmo método de pago co que se adquiriron.
O desenvolvemento do resto da programación do Padroado da Cultura para este ano mantense polo momento pero quedando condicionado o seu desenvolvemento ás posibles medidas que se decreten en función da situación sanitaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal