Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A XUNTA ESTABLECEU NOVAS RESTRICIÓNS ESPECÍFICAS EN NARÓN, FERROL, FENE E NEDA DEBIDO Á EVOLUCIÓN DA PANDEMIA POLA COVID-19
A XUNTA ESTABLECEU NOVAS RESTRICIÓNS ESPECÍFICAS EN NARÓN, FERROL, FENE E NEDA DEBIDO Á EVOLUCIÓN DA PANDEMIA POLA COVID-19
A alcaldesa, Marián Ferreiro, coordinou esta mañá cos responsables de diferentes áreas municipais as actuacións que se aplicarán coa entrada en vigor das novas indicacións da Consellería de Sanidade
Narón, 31 de outubro de 2020. A Xunta de Galicia publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia unha nova Orde da Consellería de Sanidade na que se recollen unha serie de medidas máis restrictivas específicas de prevención nos concellos de Narón, Ferrol, Fene e Neda debido á evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 nestes concellos. Ás restricións de mobilidade en vigor dende onte ás 15.00 horas súmanse dende as 00.00 horas do 1 de novembro, e durante os vindeiros 14 días naturais inicialmente (tempo estimado para poder valorar a súa eficacia), outras medidas complementarias de obrigado cumprimento para abordar a actual crise sanitaria e conter a propagación de contaxios por coronavirus. A alcaldesa, Marián Ferreiro, coordinou esta mesma mañá as actuacións que se precisan levar a cabo dende o Concello para aplicar dende esta madrugada as novas restricións e novamente apelou á colaboración da cidadanía para cumprir todas as indicacións para frear o avance da pandemia.
O Concello de Narón procederá a instalar ao longo da xornada de hoxe cartelería informativa nas pistas polideportivas e multideporte da cidade, localizadas estas últimas en Xuvia, no Alto e na Gándara e tamén no paseo de Xuvia para recordar as condicións de aforo e uso. A maiores, contactarase cos responsables dos ambigús dos Centros Cívicos Sociais da cidade, debido a que as restricións afectan tamén a este tipo de instalacións. O resto das indicacións recollidas no DOG de hoxe sobre instalacións e actividades municipais xa se viñan aplicando nos últimos días na cidade.
A alcaldesa explicou que, tal e como se acordou na reunión mantida onte de xeito telemático entre os alcaldes dos catro concellos afectados na zona, os responsables da Policía Local, da Policía Nacional e da Garda Civil coordinaron esta mañá os dispositivos de control que continuarán realizando os axentes nos vindeiros días en diferentes puntos destes concellos co fin de garantir o cumprimento de todas as medidas en vigor. As denuncias formuladas por incumprimentos trasladaranse ás autoridades competentes na materia, tal e como se establece no novo decreto da Xunta.
As novas medidas poden consultarse ao completo no enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201031/AnuncioC3K1-301020-2_gl.html e establecen limitacións de capacidade e para o desenvolvemento de determinadas actividades, ao tempo que se mantén o peche perimetral nestes catro concellos, permitindo únicamente a mobilidade entre eles e só fóra deles nos casos contemplados pola propia normativa feita pública onte no DOG. As cerimonias relixiosas ou civís, a actividade presencial en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola administración autonómica en centros e entidades de formación, os establementos de hostalería e restauración, bibliotecas, actividades e instalacións deportivas, piscinas, celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares, entre outros, están suxeitos ás medidas recollidas no DOG de hoxe.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal