Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O GOBERNO LOCAL APOIA AS REIVINDICACIÓNS DA ANPA DO "CEIP VIRXE DO MAR" RECLAMANDO MÁIS PERSOAL DE LIMPEZA NO CENTRO
O GOBERNO LOCAL APOIA AS REIVINDICACIÓNS DA ANPA DO
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, instou á Consellería de Educación a substituír á persoa que se atopa de baixa dende finais do pasado mes de outubro para atender o servizo de limpeza do centro, competencia da Xunta de Galicia
Narón, 1 de novembro de 2020. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que o goberno local respalda a reivindicación feita pública dende a Anpa Galatea, do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, instando á Consellería de Educación á sustitución de xeito inmediato dunha persoa encargada de traballos de limpeza no centro que cursou unha baixa o pasado 26 de outubro. Taibo recordou que “a Consellería de Educación ten as competencias de limpeza deste centro educativo, que xa o pasado mes de setembro tivo problemas por falta de persoal no servizo, algo moi grave tendo en conta a actual situación sanitaria derivada da Covid-19, que esixe unha exhaustiva labor de limpeza e desinfección tal e como se contempla nos protocolos establecidos”.
A edil naronesa lamentou o feito de que a Consellería de Educación desatendese ata o momento a petición realizada formalmente dende o centro para ocupar esta vacante. “Unha vez máis a administración autonómica elude as súas responsabilidades, nesta ocasión co agravante de que estamos falando dun tema de seguridade, prioritario nestes tempos”, recalcou Taibo.
A responsable de Ensino recordou que o propio conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou a principios do pasado mes de outubro que a administración autonómica estaba traballando para implementar melloras en determinados servizos nos centros educativos, entre eles o de limpeza. “Xa é lamentable que iniciado o curso en setembro a Xunta anuncie en outubro, case un mes máis tarde, un incremento en investimentos e persoal para os servizos de limpeza e comedor e resulta inadmisible que desatenda as súas competencias e deixe centros como o Virxe do Mar cunha soa persoa a cargo dun servizo prioritario”, recalcou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal