Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS ACTIVA O PROTOCOLO DA COVID-19 E NON RECOLLERÁ ROUPA, XOGUETES NIN ENSERES
Dende as instalacións continúase ofrecendo axuda ás familias en situación de vulnerabilidade, tal e como recordou a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 3 de novembro de 2020. O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón elaborou un protocolo específico para o Centro de Recursos Solidarios, ubicado no polígono da Gándara. En virtude á activación do mesmo, e debido á actual situación sanitaria, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, deixarán de recollerse como medida preventiva da Covid-19 roupa, xoguetes e enseres. “Temos que extremar ao máximo as medidas de prevención e con esta finalidade no Centro de Recursos Solidarios manterase unicamente a recollida de alimentos non perecedoiros para continuar axudando ás familias que máis o precisan nestes momentos e ás que se atende dende o Servizo Sociocomunitario municipal”, asegurou García. O protocolo das instalacións inclúe ademais as normas de obrigado cumprimento para as persoas que se acheguen ata alí, que deberán utilizar máscara, agardar a que o persoal que atende o centro lles indique donde deben agardar o turno, manter a distancia de seguridade e hixienizar as mans antes e despois de utilizar os carros ou as caixas nas que se entregan os alimentos. García recordou que o servizo que se ofrece nas instalacións está operativo de luns a venres entre as 10.00 e as 13.00 e os mércores de 17.00 a 19.00.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal