Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA A ESCOLA DE FORMACIÓN DE ACTORES E ACTRICES
As matrículas poden realizarse ata o vindeiro 30 de xuño, nas oficiñas do Pazo da Cultura, en horario de mañá
Narón, 24 de Xuño de 2009.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón ven de anunciar a apertura do prazo de preinscripción para a Escola Municipal de Formación de Actores e Actrices. Os interesados deberán dirixirse ás oficiñas do Pazo da Cultura (rúa Holanda, s/n) en horario de 10 a 14 horas. O prazo para realizar a prematrícula finalizará o vindeiro 30 de xullo, e segundo se informou dende a dirección da escola, os que realicen este trámite nas datas establecidas terán practicamente garantizada a súa admisión. Neste curso académico 2008-2009 sae unha nova promoción da Escola de Teatro, da que seis persoas completaron con éxito o percorrido formativo estructurado en cinco cursos escolares, cun total de 2.000 horas de clases. Dende a dirección da Escola fíxose un balance moi positivo do curso que remata, destacando a boa acollida das mostras trimestrais (baixo o título “amósate”) coas que se pretendeu achegar a actividade desta escola ós veciños de Narón e darlles a coñecer a calidade e o talento profesional dos seus alumnos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal