Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ ESTE VENRES O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS DO "PEL REACTIVA"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, anunciaron a convocatoria, dirixida a microempresas e persoas autónomas da cidade
Narón, 4 de novembro de 2020. O Concello de Narón abrirá o vindeiro venres, día 6, o prazo para solicitar as axudas do PEL Reactiva da Deputación da Coruña. A alcaldesa, Marián Ferreiro, que anunciou a convocatoria xunto co edil de Promoción Económica, David Pita, recordou que o Concello se adheriu ao Fondo de Financiamento para a reactivación económica e social da provincia. “Dende o Concello materializamos o plan Narón impulsa, tras decretarse o estado de alarma e a través do que se habilitou unha partida con fondos municipais de tres millóns de euros para axudar ás empresas e persoas autónomas que cumpriron os requisitos da convocatoria, concedéndose a unhas seiscentas empresas un total de 1,3 millóns de euros para paliar os efectos da Covid-19 por ter que pechar durante un período ou ver mermados os seus ingresos debido ás restricións derivadas da situación sanitaria”, explicou Ferreiro. Esta nova liña de axudas impulsada dende a administración provincial diríxese a microempresas e persoal autónomo con ou sen empregados/as ao seu cargo (o cadro de persoal debe estar entre 6 e 9 traballadores/as) e que cumpran os requisitos establecidos nesta convocatoria. A contía global destinada a atender as solicitudes é de 457.292,79 euros e as axudas a conceder serán de 1.500, 2.000, 2.500 ou 3.000 euros, en función dos requisitos establecidos. A rexedora local valorou o feito de poder acollerse a esta iniciativa provincial “que nos permitirá continuar axudando ás empresarias e empresarios asentados na nosa cidade que atravesan uns tempos complicados pola crise derivada da Covid-19 que tanto impacto está a xerar tanto a nivel económico como social dende que entrou en vigor o estado de alarma e coas prórrogas establecidas”. A compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos de hixiene e limpeza; arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais, adaptación dos locais ás medidas de protección fronte á Covid-19, seguros e subministro de servizos forman parte dos gastos subvencionables das axudas do programa PEL Reactiva. O Boletín Oficial da Provincia publicará mañá o anuncio desta convocatoria e o prazo para tramitar as solicitudes abrirase o vindeiro venres ás 00.00 horas, debendo facelo a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, donde estará toda a información sobre esta convocatoria, e a instancia para poder tramitala. O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 25 de novembro ás 14.00 horas, tal e como se especifica nas bases específicas da convocatoria. “Dende o Concello decidimos sumarnos tamén a esta convocatoria do PEL Reactiva porque consideramos que todas as axudas son benvidas e que é indispensable a colaboración entre administracións e a implicación para levar a cabo iniciativas como esta, destinadas a paliar os graves efectos da Covid-19”, recalcou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal