Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA A EMISIÓN DOS VÍDEOS PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO LABORATORIO DO PROGRAMA "UN MUNDO CHEO DE DIVERSIDADE!"
O CONCELLO INICIA A EMISIÓN DOS VÍDEOS PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO LABORATORIO DO PROGRAMA
A edil de Benestar Social, Catalina García, indicou que o vídeo poderá verse na canle de You Tube da Escola de Participación de Narón e tamén no Facebook do Concello
Narón, 9 de novembro de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou hoxe a emisión do primeiro vídeo do laboratorio #Eu son, somos: poesía visual e mail art, do proxecto de inclusión e dinamización comunitaria “Un mundo cheo de diversidade!”. A edil explicou que o vídeo, que se poderá ver nos Facebook do Concello de Narón e na canle de You Tube da Escola de Participación de Narón, permitirá á cidadanía implicarse nesta iniciativa, un obradoiro virtual orientado a transformar ideas, emocións e desexos en imaxes e ilustracións para enviar por correo.
Neste primeiro vídeo amósanse exemplos inspiradores e nocións para que as persoas que desexen participar poidan crear as súas propias pezas de poesía visual, unha práctica artística, tal e como se indica, baseada na interpretación visual ou pictórica de xéneros narrativos, e tamén as súas posibles combinacións coa arte postal. Para participar hai que transformar a creatividade nunha peza, indicou García, facerlle unha fotografía e enviala a 7hcoop@7hcoop.gal. Deste xeito, reivindicarase a diversidade como elemento enriquecedor dunha sociedade.
“Esta é a primeira das propostas, que se desenvolverá vía telemática debido á actual situación sanitaria e na que animamos a participar ás nosas veciñas e veciños”, asegurou García. Sobre a participación recordou que “no vídeo expóñense unha serie de exemplos de traballos realizados noutros países e nós adaptaremos parte do programa á nosa cidade, donde por exemplo buscaremos espazos para facer unha mostra final cos traballos, ao estar prohibido facelo en farolas e mobiliario urbán”.
A concelleira de Benestar Social avanzou que unha vez difundido este vídeo, procederase a publicitar os tutoriais correspondentes. “As persoas que queiran participar deben estar atentas ás redes sociais tanto do Concello como da Escola de Participación Cidadá de Narón, porque aí iremos ofrecendo todas as pautas para poder levar a cabo esta nova proposta”, recalcou.
As dúbidas que se poidan plantexar respecto deste proxecto poden solventarse dirixíndose ao correo electrónico: 7hcoop@7hcoop.gal ou chamando ao número de teléfono 881 978 756.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal