Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA COLONIAS DE VERÁN NO MUIÑO DE PEDROSO E NO PARQUE RURAL ALDEA NOVA
O CONCELLO ORGANIZA COLONIAS DE VERÁN NO MUIÑO DE PEDROSO E NO PARQUE RURAL ALDEA NOVA
Terán lugar nos meses de xullo e agosto, en turnos de unha semán.
Narón, 25 de Xuño de 2009.- A Concellería de Medioambiente de Narón, ó frente da cal atópase Manuel Ramos, ven de presentar unha nova edición das Colonias de Verán, que se celebrarán na área recreativa de Pedroso e no parque temático de Aldea Nova (Sedes), nos meses de xullo e agosto respectivamente.

O calendario destos campamentos é o seguinte:

-Area recreativa medioambiental Rio Xuvia-Pedroso. Tres turnos:
*do 29 de xuño ó 3 de xullo
*do 6 ó 10 de xullo
*do 13 ó 17 de xullo

-Parque Temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes). Tres turnos:
*do 3 ó 7 de agosto
*do 10 ó 14 de agosto
*do 17 ó 21 de agosto

As colonias están dirixidas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. O Concello habilita un total de 240 prazas divididas en 40 prazas por turno. O horario dos campamentos será de 10 a 19 horas, e o custo por praza é de 50 euros para os empadronados en Narón ou de 110 euros para os empadronados noutros concellos.

As inscripcións poden realizarse na área recreativa de Pedroso e no parque temático Aldea Nova, ou por teléfono nos seguintes números: 647 696 989 ou 981 445 047 (Pedroso), e 666 407 612 ou 981 102 592 (Aldea Nova).

O programa de actividades a realizar nestos campamentos de verán inclúe obradoiros de xoguetes, supervivencia e orientación, actividades de agricultura e gandeiría, obradoiros de pegadas, rastros e sinais, xogos populares, rutas guiadas, obradoiros etnográficos, contacontos, cocedura do pan e xogos predeportivos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal