Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADHERIUSE Á CAMPAÑA "DE FRONTE" IMPULSADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA CON MOTIVO DO 25N
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, avanzou que nos vindeiros días se presentarán as propostas que se levarán a cabo na cidade con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Narón, 10 de novembro de 2020. O Concello de Narón adheriuse á campaña “Só hai unha forma de mirala, DE FRONTE á violencia de xénero” impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a través da que se celebrarán varios actos con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, avanzou que nos vindeiros días o goberno local presentará as propostas que se levarán cabo este ano ne cidade con motivo do 25N, condicionadas pola actual situación sanitaria. Gómez manifestou o compromiso do Concello naronés para sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e de continuar programando diferentes iniciativas con varios colectivos –escolares, maiores…- encamiñadas a erradicar esta lacra social. A todas as propostas municipais súmanse as organizadas a través da campaña DE FRONTE, que se poden consultar a través da páxina web: defronte.gal. Un concurso en redes sociais para compartir textos poéticos, conferencias online abertas, unha acción colectiva de origami en redes sociais e contacontos, tamén en aberto, forman parte desa programación deseñada pola administración provincial.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal