Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS DO "PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN"
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS DO
O Consistorio naronés adheriuse a esta iniciativa, dirixida a microempresas e persoal autónomo da cidade e á que poderán acollerse ata o 25 de novembro
Narón, 11 de novembro de 2020. O Concello de Narón mantén aberto ata o 25 de novembro –ás 14.00 horas- o prazo para solicitar as axudas do PEL Reactiva da Deputación da Coruña. A documentación relativa a este plan, dirixido a microempresas e persoal autónomo con ou sen empregados/as ao seu cargo e ao que se adheriu o Consistorio pode consultarse a través da Sede Electrónica: sedeelectronica.naron.es. Dende o Concello trasladouse a importancia de que todas as persoas interesadas en tramitar estas axudas consulten periodicamente a Sede Electrónica, donde se irán publicando os criterios que traslada a Deputación da Coruña sobre as consultas que fai o Concello de Narón.
Mañá mesmo subirase un documento cunhas aclaracións sobre as Sociedades Civís con personalidade xurídica que indican quen pode ser beneficario/a desta liña de axudas. A contía global reservada para Narón é de 457.292,79 euros e as axudas a conceder para paliar os efectos da crise derivada da Covid-19 serán de 1.500, 2.000, 2.500 ou 3.000 euros, en función dos requisitos.
Entre os gastos subvencionables do PEL Reactiva-Concello de Narón están a compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos de hixiene e limpeza; arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais, adaptación dos locais ás medidas de protección fronte á Covid-19, seguros e subministro de servizos, podendo consultarse todos os casos nas bases da convocatoria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal