Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO DE RENOVACIÓN DAS LICENZAS DE VENDA AMBULANTE PARA O FEIRÓN DE SANTA ICÍA
As persoas interesadas en realizar os trámites dispoñen de prazo ata o día 20 deste mes, tal e como indicou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego
Narón, 12 de novembro de 2020. Os profesionais da venda ambulante que queiran renovar as licencias de venda para o feirón de Santa Icía dispoñen de prazo ata o día 20 deste mes para realizar os trámites oportunos. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, explicou que dende o Concello xa se remitiron comunicacións por escrito cos formularios aos responsables de 104 postos de venda ambulante que figuraban con licencia para o citado feirón, que na actualidade non se celebra debido á situación sanitaria. As persoas que desexen renovar a súa licencia poden facelo a través do Rexistro municipal ou da Sede Electrónica (sedeelectronica.naron.es), donde dispoñen de toda a información ao respecto. Así mesmo, tamén poden tramitala mediante o resto de medios contemplados na normativa. Xunto coa instancia deben facilitar (orixinal ou fotocopia) do último recibo que acredite estar ao día coa Seguridade Social como autónomo; a póliza ou último recibo do Seguro de Responsabilidade Civil; un certificado que xustifique que está dado de alta en Facenda no epígrafe correspondente e outro no que conste que está ao corrente nas obrigacións coa Facenda estatal e Facenda da Xunta de Galicia. A taxa da licenza correspondente a este ano correspóndese coa parte proporcional dos meses de xaneiro, febreiro e marzo, cando se puido celebrar o feirón de Santa Icía, o que supón un importe de 2,15 euros. Galego explicou que no caso de que non se renove a licenza suporá a inmediata perda da autorización de venda ambulante e dos dereitos sobre o posto que tiña asignado, debendo presentar unha nova solicitude de autorización para o ano 2021 no caso de estar interesado, e tramitar unha nova alta, non unha renovación. Para realizar calquera consulta sobre a tramitación, as persoas interesadas poden escribir ao correo electrónico: am.veiga@naron.es ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext.: 1502).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal