Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ TRAS REMATAR O ACORDO DO CESAMENTO DO FOGO CON MARROCOS
O Consistorio mantén dende hai anos un estreito vínculo co pobo saharauí a través do programa Vacacións en Paz, que permitiu traer a menores dos campamentos de Tinduf a pasar o verán con familias da cidade grazas á súa solidariedade e compromiso
Narón, 15 de novembro de 2020. O Concello quere amosar publicamente a súa solidariedade co pobo saharauí tras romper acordo do cesamento do fogo entre os saharauís e Marrocos, as dúas partes implicadas no conflicto do Sahara Occidental, quedando anulado o pasado venres ese acordo de non agresión asinado entre as partes no ano 1991 á espera de celebrar un referéndum de autodeterminación para o Sahara. As forzas armadas de Marrocos desplegáronse antonte en Guerguerat, na fronteira con Mauritania, para desbloquear a zona, donde dende hai preto dun mes se manifestaban activistas saharauis que reclamaban pacificamente a retirada das tropas de Rabat. Este feito foi considerado pola Fronte Polisaria como unha violación do cesamento do fogo, declarando posteriormente a guerra. Dende o Concello naronés incidiuse no dereito do pobo saharaui á plena autodeterminación e urxiuse o cumprimento dos Plans de paz das Nacións Unidas, reclamando a súa intervención para solventar de xeito pacífico e definitivo este conflicto, respectando o cesamento do fogo e evitando calquera tipo de violencia. “O feito de que se declare a guerra porá nunha grave situación á poboación civil saharaui, co risco que iso supón para un pobo que sobrevive nunhas condicións dramáticas e co que o noso Concello mantén dende hai moitos anos un vínculo especial, a través do programa Vacacións en Paz, que permitiu traer a Narón e a outros concellos do país a nenas e nenos dos campamentos de refuxiados de Tinduf grazas á solidariedade de moitas familias”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal