Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DOS ESPECTÁCULOS "SOLITUDES" E "PINOCHO"
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DOS ESPECTÁCULOS
As entradas dispoñibles para estes espectáculos están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura, ata completar o aforo, de 50 persoas
Narón, 16 de novembro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous espectáculos culturais, cun aforo máximo para cada unha das sesións programadas de 50 persoas, tal e como se require nas medidas preventivas da Covid-19. Este sábado será o turno da compañía Kulunka Teatro, que representará ás 20.00 horas a obra “Solitudes”. Trátase dunha peza de teatro de máscaras xestual dirixido a todos os públicos e que conta, a base de humor, unha historia de soidade e incomunicación dos integrantes dunha familia. A obra obtivo multitude de recoñecementos como os Premios Max ao Mellor espectáculo e Mellor composición musical, o Premio Mellor espectáculo do Festival de Birmingham e o Premio Ollo crítico RTVE.
Na xornada do domingo estará no Pazo a compañía Ghazafelhos, coa obra Pinocho. Haberá un total de tres pases, ás 12.30, 18.00 e 20.00 horas desta obra de teatro actoral, que combina monicreques e música en directo. A peza diríxese a público familiar e infantil, a partir de 6 anos e que é unha adaptación libre da obra de Carlo Collodi que realizou Pepablo Patinho.
As entradas dispoñibles para estes espectáculos, ata completar o aforo, poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal