Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS PRESIDENTAS DE ASFEDRO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER
Marián Ferreiro destacou o labor que desenvolven estas dúas entidades sen ánimo de lucro que traballan con persoas con problemas de drogodependencia, no caso de Asfedro, e de trastorno autista, no de Asperger
Narón, 17 de novembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou dous convenios de colaboración con Rosario Alabau e Rita Concepción González, presidentas da Asociación Ferrolana de Drogodependencia (Asfedro) e da Asociación Galega de Asperger, respectivamente. O importe global dos acordos rubricados ascende a 4.033 euros, unha contía procedente das arcas locais e que permitirá manter os acordos de anteriores anos para levar a cabo diferentes actividades no termo municipal en materia de Acción Social. O convenio con Asfedro garante a continuidade do Programa de Educación para a saúde impulsado a través do Servizo Sociocomunitario e con actividades de interese social dirixidas a un colectivo específico, tal e como recordou Ferreiro. O desenvolvemento do citado programa permitirá ofrecer atención, asesoramento e seguimiento a persoas de Narón derivadas a Asfedro dende o Servizo Sociocomunitario ou que directamente poidan acceder ao recurso e, a maiores, tamén programar un curso de mediadores sociais en prevención de condutas adictivas. Todas as actuacións conveniadas se levarán a cabo no termo municipal naronés. Así mesmo, a través do acordo coa Asociación Galega de Asperger aténdese a persoas con trastorno autista, o que afecta ás súas relacións sociais. A alcaldesa explicou que en base a este convenio continuaranse programando obradoiros de ocio terapéutico, de interese social. En total, indicou, convocaranse cinco, de robótica e Stem, e que se desenvolverán prioritariamente en Narón. “Asfedro e a Asociación Galega de Asperger son dúas entidades sen ánimo de lucro coas que levamos moitos anos colaborando dende o Concello porque consideramos que levan a cabo un labor fundamental con diferentes colectivos, tanto coas persoas drogodependentes ou con trastorno autista, neste caso, como coas súas familias, loitando pola plena inclusión das persoas na sociedade”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal