Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MELCHOR BALSERA MALDONADO, VECIÑO DE BADAXOZ, GAÑADOR DO "XII CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
MELCHOR BALSERA MALDONADO, VECIÑO DE BADAXOZ, GAÑADOR DO
O acto de entrega de premios que presidirá a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, terá lugar o vindeiro luns, Día de Narón, nas instalacións do Pazo da Cultura
Narón, 19 de novembro de 2019. O xurado que valorou as obras do “XII Concurso de Pintura Cidade de Narón” fixo público o fallo do certame, no que o primeiro premio, dotado con 3.000 euros, recaeu en Melchor Balsera Maldonado, veciño de Badaxoz, por unha obra que presentou sen título. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, indicou que a esta edición do concurso se presentaron un total de 26 obras, das que o xurado seleccionou 23.
Así mesmo, os integrantes do xurado concederon unha mención especial, sen dotación económica e con posibilidade de compra á obra “Novus ordo seclorum”, de Verónica Estefanía Bueno Salgado, veciña de Cidade Real.
Un ano máis, fallouse tamén o Premio Especial Francisco Criado, dirixido a artistas amadores e enmarcado no “XII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. Este ano presentáronse oito obras e o premio foi para “Tauros”, do naronés Víctor Manuel Rodríguez Saavedra, que recibirá un premio en metálico de 500 euros.
O vindeiro luns día 23, coincidindo co Día de Narón, festividade local, terá lugar o acto oficial de entrega de premios nas instalacións do Pazo da Cultura ás 18.00 horas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o acto de entrega, ao que tamén asistirán, entre outros, o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo e os gañadores do primeiro premio e do especial Francisco Criado. Están convidados ao acto –con aforo limitado debido ao protocolo derivado da situación sanitaria- os portavoces dos grupos políticos da corporación local e tamén os integrantes do xurado, representantes da AVV San Xiao, así como familiares do finado pintor naronés Francisco Criado.
O xurado desta edición estivo presidido polo escultor e pintor Manuel Patinha e entre os vocais estaban os artistas plásticos Jesús Basterrechea e Víctor García.
Os traballos presentados ao certame poden verse xa na entrada do Pazo da Cultura -de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00- , donde permanecerán expostos ata o día 23 de novembro.
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade dos traballos presentados e felicitou de antemán aos participantes nesta edición, mencionando especialmente aos premiados.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal