Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECOLLIDA DE FIRMAS NO CONCELLO A FAVOR DA VOLTA DE ASTANO Á CONSTRUCCIÓN CIVIL NAVAL
RECOLLIDA DE FIRMAS NO CONCELLO A FAVOR DA VOLTA DE ASTANO Á CONSTRUCCIÓN CIVIL NAVAL
A asociación Rumbo 21 recolleu perto de 300 sinaturas
Narón, 29 de Xuño de 2009.- A Asociación Rumbo 21, que promove unha iniciativa lexislativa popular para reactivar a industria naval galega, recalou hoxe no Concello de Narón onde instalou unha mesa para recoller firmas a favor da mesma. Durante a xornada matutina, achegáronse perto de 300 persoas que deixaron a súa rúbrica para reivindicar a volta á construcción civil naval por parte da antiga Astano.

A comisión promotora desta iniciativa precisa dun total de 15.000 firmas para presentala no Parlamento de Galicia de cara ó seu debate. Segundo informou hoxe un dos seus membros, Jose Ramón Franco, a recollida das rúbricas marcha a bo ritmo “e se continuamos así, en duas ou tres semáns acadaremos a cifra solicitada”, dixo.

Franco agradeceu ó Alcalde de Narón e ó Concello a disponibilidade amosada con esta asociación, e indicou que este municipio “é un dos concellos onde máis industria naval se concentra, gracias ós seus polígonos industriais”. O representante de Rumbo 21 fixo un chamamento ós goberno central e europeo para que poñan fin ó veto e autoricen a volta á construcción civl naval.

Pola súa banda, o Alcalde de Narón, lembrou que o Concello aprobou recentemente a volta á construcción civil de Astano a través dunha moción aprobada por tódolos grupos políticos no Pleno Ordinario celebrado o pasado 30 de Abril de 2009. O rexedor declarou que “para nos é fundamental que o sector naval se reactive e volva á construcción civil, xa que a maior parte das empresas auxiliares desta industria atópanse no noso concello”, asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal