Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UN VÍDEO PARA HOMENAXEAR AO PERSOAL VOLUNTARIO, A PRANTACIÓN DA CAMELIA "CIDADE DE NARÓN" E A ENTREGA DE PREMIOS DO "XII CONCURSO DE PINTURA" CENTRARÁN OS ACTOS DO 23N NA CIDADE
UN VÍDEO PARA HOMENAXEAR AO PERSOAL VOLUNTARIO, A PRANTACIÓN DA CAMELIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o portavoz do PSOE, David Pita, presentaron hoxe os eventos no Concello
Narón, 20 de novembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o voceiro do PSOE, David Pita, deron a coñecer esta mañá os actos que se desenvolverán no Concello o vindeiro luns, día 23, con motivo da festividade local, o Día de Narón. Ferreiro explicou que “tal e como anunciamos no seu día, o 23N homenaxearemos ao persoal voluntario que tanto traballou e traballa dende a declaración do estado de alarma. A situación sanitaria actual condicionará esa homenaxe ata o punto de que polas restricións de aforo non poderemos facer partícipe ao colectivo en particular e á cidadanía en xeral dun xeito público desta homenaxe”.
A rexedora local avanzou que “para tratar de visibilizar o gran labor das nosas veciñas e veciños que desinteresadamente axudaron a aquelas persoas que máis o precisaban en cada momento, faremos público un vídeo gravado especialmente para a ocasión e que confiamos en que sexa do agrado de todas e todos os naroneses”. O vídeo poderase ver a través do Facebook do Concello de Narón e tamén se difundirá a través do servizo “Novas Narón”, co fin de darlle a maior difusión.
Así mesmo sobre as doce do mediodía levarase a cabo outra sinalada proposta para esta data. “Despois de varios anos, plantaremos na cidade o primeiro exemplar da camelia “Cidade de Narón”, unha variedade específicamente creada para este concello e que florecerá este ano por vez primeira, cunha peculiar flor de color vermello intenso”, indicou Ferreiro. “Esta camelia será un símbolo máis da nosa cidade e, como tal, lucirá nun espazo moi especial para que tanto a veciñanza como as persoas doutros concellos poidan coñecer esta particular especie”, asegurou.
Pola tarde terá lugar o tradicional acto de entrega de premios do “XII Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que se fallou esta mesma semana. O acto, con aforo limitado debido á pandemia, terá lugar ás 18.00 horas nas instalacións do Pazo da Cultura e estará presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro. “Os gañadores do certame e do Premio Especial Francisco Criado, o extremeño Melchor Balsera e o naronés Víctor Manuel Rodríguez, estarán presentes nesta convocatoria, unha das citas culturais máis consolidadas na cidade”, asegurou a rexedora local.
Ferreiro e Pita aseguraron que “o feito de que a situación sanitaria condicione os eventos a desenvolver nestes tempos non será un impedimento para que todas e todos os naroneses nos sintamos un ano máis moi orgullosos da nosa cidade e da nosa xente e que alberguemos a esperanza de poder celebrar novamente xuntos o Día de Narón o vindeiro ano”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal