Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO, PARKINSON FERROL E TERRA RENDIBLE
Marián Ferreiro subliñou que a través destes acordos se continuarán desenvolvendo na cidade programas e actividades dirixidos a diferentes colectivos
Narón, 25 de novembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou tres convenios de colaboración cos representantes da Asociación Española Contra o Cancro, Parkinson Ferrol e Terra Rendible. O importe conxunto destes acordos, tal e como indicou a rexedora local, ascende a 17.000 euros, contía que permitirá continuar desenvolvendo numerosos programas e actividades na cidade. No marco do convenio coa AECC, entidade representada por Manuel Luis Aguilar, continuaranse levando a cabo, tal e como explicou Ferreiro, obradoiros ocupacionais como subprograma propio enmarcado no “Programa de atención integral ao enfermo de cancro”. “As persoas que participan no mesmo poden acudir a obradoiros de piscina específicos para mulleres diagnosticadas de cancro de mama e tamén outros de fatiga oncolóxica, cos que se trata de potenciar o exercicio físico, de atención plena, lectura… e para os que a metade das prazas se reservan para usuarias e usuarios residentes en Narón”, apuntou. O convenio asinado con Parkinson Ferrol, entidade representada por Vanesa López, permitirá continuar cooperando na atención a persoas con discapacidade, neste caso con párkinson. “Mediante o programa de Mantemento das terapias dos usuarios de Narón seguiranse ofrecendo os servizos de fisioterapia, logopedia, rehabilitación cognitiva, psicoloxía e os grupos de axuda mutua, en coordinación do Servizo Sociocomunitario e as unidades de traballo social do Concello, ás persoas con párkinson”, recordou a alcaldesa, valorando o traballo realizado. Así mesmo, Ferreiro asinou o convenio coa asociación Terra Rendible, que preside Manuel Fernández, e coa que dende a administración local se programan varias actuacións de interese xeral dirixidas á cidadanía e centradas no ámbito agroforestal. “Entre os obxectivos destas actuacións está promocionar o emprego na zona rural deste concello, ao tempo que se potencia o aproveitamento agroforestal cun desenvolvemento rural sostible e se dinamiza o rural”, indicou a rexedora local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal