Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PERSOAL DO CONCELLO ACUDIU A UNHA SESIÓN FORMATIVA IMPULSADA A TRAVÉS DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN
PERSOAL DO CONCELLO ACUDIU A UNHA SESIÓN FORMATIVA IMPULSADA A TRAVÉS DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, indicou que participaron na convocatoria as xefaturas dos diferentes departamentos municipais
Narón, 27 de novembro de 2020. O Concello acolleu onte unha sesión de formación interna impulsada a través da Escola de Participación e dirixida a persoal técnico municipal. A concelleira responsable da área de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que o obxectivo da convocatoria, á que acudiron as xefaturas dos diferentes departamentos municipais, foi “presentar a actividade da Escola para os vindeiros meses e tamén falar do marco normativo e do Regulamento de Participación Cidadá do Concello”.
García subliñou que a través destas xuntanzas “profundizamos no mellor xeito de coordinar os diferentes departamentos municipais á hora de dar respostas ás peticións que se formulan dende a cidadanía nos diferentes órganos do Regulamento de Participación, que reformamos este mesmo ano para facelo máis inclusivo”.
A edil naronesa explicou sobre esta acción formativa que “é preciso que todas as persoas con responsabilidades de xestión municipal coñezan os obxectivos, elementos e o funcionamento da Escola de Participación, para así poder colaborar na mellora e no desenvolvemento dos procesos de participación cidadá establecidos pola normativa”. Así mesmo, en canto a eses obxectivos, García explicou que están “dar a coñecer a equipa que estará á fronte da Escola de Participación de Narón e informar sobre o seu funcionamento, así como sensibilizar ao persoal sobre a importancia da implicación no fomento da participación cidadá e tamén recoller as necesidades que en determinado momento poidan xurdir das persoas implicadas para que poidan asumir as súas responsabilidades dentro da Escola”.
Na sesión celebrada onte ademais de coñecer o funcionamento da Escola os participantes repasaron a función dos Consellos Territoriais e tamén avanzaron no establecemento de procedementos para facilitar a resolución de peticións que a cidadanía poida formular ao Concello. “A finalidade deste traballo é continuar avanzando no proceso de democratización das institucións”, indicou García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal