Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO
Marián Ferreiro indicou que o acordo rubricado entre ambas partes permitrá manter na entidade o proxecto sobre Formación e Apoio ao Desenvolvemento Afectivo Sexual
Narón, 1 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración co presidente da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Juan Manuel Victoria. En virtude ao acordo, que supón ás arcas locais un desembolso de 14.000 euros, continuaranse desenvolvendo na cidade programas dirixidos a persoas afectadas de discapacidade intelectual, física e/ou sensorial e ás súas familias. Ferreiro explicou que mediante este convenio desenvolverase o proxecto FADAS 2020, sobre Formación e Apoio ao Desenvolvemento Afectivo Sexual. “Trátase dunha proposta de educación afectivo-sexual orientada a un colectivo moi concreto e que lles proporciona recursos e coñecementos para aceptarse e expresarse nese ámbito, favorecendo a igualdade entre sexos e traballando a nivel grupal e individual”, explicou a rexedora local. Así mesmo, recordou que se trata dun proxecto que “se leva desenvolvendo varios anos nesta entidade e que representa un gran labor que se suma a outras iniciativas e propostas impulsadas dende esta asociación, que continuará contando co noso apoio para seguir traballando nesta liña”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal