Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN A CAMPAÑA "NADAL 2020"
O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN A CAMPAÑA
A campaña, á que poden adherirse todos os comercios da cidade que o desexen, desenvolverase durante todo este mes, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 1 de decembro de 2020. O Concello impulsa un ano máis unha nova campaña de Nadal co obxectivo de fomentar as compras nos establecementos da localidade e que se desenvolverá durante todo este mes. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), María Yáñez presentaron a iniciativa, que repartirá 3.000 euros en premios e catro cestas con produtos de Nadal nas vindeiras semanas. Os establecementos interesados en participar nesta iniciativa –de balde- poden facelo inscribíndose directamente na web: www.comerciodenaron.com, na que tamén se recollen as bases desta convocatoria, ou chamando en horario comercial ao número de teléfono 607 391 660. “Este ano, con motivo da pandemia polo coronavirus tivemos que mudar un pouco o modelo anterior desta campaña e optamos por organizar concursos abertos á cidadanía en xeral”, apuntou Pita, que avanzou que xa se inscribiron preto de medio centenar de establecementos.
Entre as accións a levar a cabo está unha estratexia de fidelización, baseada no uso dunha plataforma na que se dá de alta aos establecementos ao adherirse e que permitirá contabilizar as visitas dos clientes aos comercios. Os usuarios disporán dunha tarxeta virtual e dun código QR que poderán utilizar no momento de realizar as compras –presenciais ou on line- para ir sumando puntos, un total de seis por cada tarxeta.
A campaña inclúe ademais dous concursos infantís dirixidos a menores de entre 2 e 14 anos. Un de redacción, coa temática “Fálanos do teu comercio favorito”, no que as nenas e nenos darán a súa opinión e valoracións do comercio local e outro de debuxo infantil, e coa temática “Debuxa o teu comercio favorito”, para amosar a visión que teñen os menores do comercio local. Os traballos realizados deberán presentarse antes do 20 de decembro no enderezo electrónico: nadal2020@comerciodenaron.com.
Así mesmo, levarase a cabo unha acción de viralización en redes sociais para difundir durante a campaña e captar a participación de máis persoas. Nos vindeiros días, tal e como indicou Pita, comezará a desenvolverse esta acción, informando previamente das características da mesma.
A campaña contempla premios tanto para os comerciantes que participen como para a clientela. No primeiro dos casos, os responsables dos establecementos que participen na acción “Tarxeta de puntos” entrarán no sorteo de tres vales de compra de 200 euros cada un sempre que realizasen algún selo en alomenos a tarxeta de tres clientes participantes.
A clientela, ao realizar as súas compras nos comercios da cidade que se sumen a esta campaña participará no sorteo de catro cestas con produtos de Nadal (ao completar unha tarxeta de puntos); dous vales de compra de 500 euros cada un (completando tres ou máis tarxetas); dous vales de 300 euros cada un (completando dúas tarxetas); tres vales de 100 euros cada un por participar no concurso de debuxo e outros tres polo mesmo importe por facelo no de redacción e dous vales de 100 euros por participar no concurso en redes sociais. Todos os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro do 2021 en alomennos dous establecementos que participen na campaña.
A presidenta da Asociación de Comerciantes Narón lamentou que este ano non se poderá poñer en marcha o tradicional “Navitren” e animou á veciñanza a “mercar no comercio de proximidade e entrar na plataforma: mercaennaron.es, donde están xa moitos comercios da cidade e á que se poden continuar adherindo comercios contactando coa asociación”.
“Esperamos que esta campaña de Nadal sexa fructífera para o sector e que poida recuperar alomenos unha parte do perdido durante o ano debido á situación sanitaria”, apuntou Pita.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal