Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NO FORO SOBRE "A PRODUCIÓN MARISQUEIRA NA RÍA"
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NO FORO SOBRE
O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá este venres, a partir das 17.30 horas a convocatoria, organizada polo Concello e na que falarán tres expertos no sector
Narón, 2 de decembro de 2020. As persoas que desexen asistir presencialmente ou vía telemática ao foro sobre “A produción marisqueira na ría” que se celebrará este venres, día 4, no Café Teatro do Pazo da Cultura poden aínda anotarse no correo electrónico: promocioneconomica@naron.es ou chamando ao número de teléfono 981 377 700 (extensión 1316). A cita terá lugar de 17.30 a 18.30 horas e na mesma intervirán profesionais do sector.
A mariscadora Rocío Arnoso falará sobre “Un traballo a pé de praia”, se ben o biólogo da Confraría de Barallobre, Joám Luís Ferreiro, abordará o tema de “A ría de Ferrol, unha riqueza descoñecida” e o xefe da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Guillermo Díaz-Agras, falará das cualidades de “Unha ría única”.
A convocatoria, organizada polo Concello de Narón dende a área de Promoción Económica, á fronte da que está o edil David Pita, está patrocinada polo Grupo de Acción Pesqueira Golfo Ártabro Norte, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal