Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN CENTRARÁ ESTE MES A SÚA ACTIVIDADE EN FORMACIÓNS, VISITAS E UNHA ACCIÓN COMUNITARIA
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN CENTRARÁ ESTE MES A SÚA ACTIVIDADE EN FORMACIÓNS, VISITAS E UNHA ACCIÓN COMUNITARIA
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, avanzou as propostas que se levarán a cabo nos vindeiros días e animou á veciñanza a participar nas mesmas
Narón, 2 de decembro de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que a Escola de Participación de Narón continúa este mes a súa actividade adaptando as accións previstas ás restricións derivadas da actual pandemia pola Covid-19. A edil avanzou que o ano rematará “con dúas formacións virtuais, visitas a entidades sociais, e unha acción comunitaria a través das redes sociais, coas que se busca seguir fomentando a relación entre o tecido asociativo e o Concello, visibilizar o seu papel, e apoiar a adquisición de ferramentas que faciliten o día a día na participación cidadá”.
García indicou que este mes o equipo da Escola de Participación continuará visitando ás entidades do Concello, donde presentará as actividades e tamén coñecerá as necesidades de cada unha delas. “Os encontros serán presenciais ou virtuais con máis dunha ducia de asociacións e substituirán aos Consellos Territoriais que estaríamos celebrando de non ser pola actual situación sanitaria”, explicou. A maiores, nas visitas trabállase na capacitación dixital da veciñanza “para axudarlles a que poidan participar sen dificultades nestas reunións virtuais”.
A actividade da Escola de Participación continuará a mediados deste mes con dúas pílulas formativas online dirixidas a persoas que integran as entidades asociativas. O martes 15 a formación estará centrada en “Como facer reunións virtuais efectivas e satisfactorias?”, donde se realizará un primeiro achegamento ao manexo dalgunhas plataformas que permiten este tipo de encontros virtuais, e dando unhas recomendacións sobre o seu uso para conseguir xuntanzas que acaden os seus obxectivos sen esgotar ás persoas participantes. O xoves 17 o aspecto económico será central, xa que se abordará “Como solicitar unha subvención para a túa entidade?”, sobre o procedemento de solicitude, execución e xustificación das subvencións, e darase información xenérica sobre vindeiras convocatorias para o tecido asociativo. En ambos casos, a formación, de balde, celebrarase a través da plataforma Zoom, entre as 17.00 e as 19.00 horas. As prazas son limitadas e precisan inscrición previa, podendo anotarse a través do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao 603 865 413.
Finalmente, desenvolverase a acción comunitaria “Tecendo Narón. Memorias da participación”, unha campaña en redes sociais na que está chamada a colaborar toda a veciñanza. O obxectivo desta iniciativa é a creación dun album colectivo de imaxes que celebren a traxectoria do movemento asociativo de Narón e a importancia da participación cidadá. A proposta é que as persoas busquen entre o seu arquivo fotográfico, e compartan coa Escola imaxes antigas ou recentes nas que se vexa o día a día das entidades, os diferentes equipos que lideraron as asociacións, recollan algún fito importante para a asociación, ou algún logro do asociacionismo na cidade. Esas imaxes deberán ser enviadas antes do vindeiro 15 de decembro a escolaparticipacion@naron.es coa maior calidade posible, e un breve texto no que se explique en que consiste cada imaxe. Se non se ten o arquivo en dixital e só impreso, e non se conta coa posibilidade de escanear as fotografías, pódese contactar coa Escola a través dos medios indicados para que o equipo as poida recoller de maneira presencial. A maiores, convídase ás entidades a que compartan tamén as imaxes nas súas redes sociais co cancelo #tecendoNaron, e etiquetando á @EscolaParticipacionNaron. O fin último desta recollida de imaxes, avanzou García, “é elaborar unha pequena peza audiovisual que dea conta da historia e memoria do movemento asociativo, e que será publicado a finais de ano nas redes da Escola de Participación de Narón para pór o punto final ás accións do 2020”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal