Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA RUTA MEDIOAMBIENTAL POLO ENTORNO DO RÍO XUVIA
Os responsables municipais das áreas de Medio Ambiente, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, deron a coñecer a iniciativa
Narón, 2 de decembro de 2020. O Concello organiza unha Ruta medioambiental que terá lugar o vindeiro 8 de decembro co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o problema da contaminación marítima e, ao tempo, dar a coñecer o patrimonio natural. Os edís de Medio Ambiente, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, presentaron a convocatoria, para a que se mantén aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro domingo, día 6, a través do correo electrónico m.ambiente@naron.es. O Galp Golfo Ártabro Norte, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca colaboran nesta iniciativa, “Narón aberto ao mar”. O edil de Medio Ambiente explicou que se realizará un itinerario polo río Xuvia no que participarán un total de 25 persoas –divididas en grupos e con motinores/as-. “Aproveitando puntos transitados e con maior impacto de agresión ambiental realizaremos unha recollida de lixo pola zona do río e catalogaremos os puntos que requiran dalgunha intervención”, indicou. Os itinerarios serán de dificultade baixa, co fin de que poidan participar persoas de diferentes idades e terán unha duración aproximada de catro horas. O inicio e o remate do percorrido será no magnolio centenario ubicado xunto á ponte que une os municipios de Narón e Neda, nas inmediacións do muíño. Nesa zona concentraranse os participantes ás 9.30 horas do vindeiro día 8, para recibir as indicacións e o material oportunos para realizar a actividade. Galego destacou que a través desta actividade tamén se pretende concienciar á veciñanza “sobre o papel que cada un de nós temos á hora de coidar e respectar o noso entorno para poder sentirnos orgullosos do noso territorio e aprender a valoralo e protexelo”. Pola súa banda, o edil de Promoción Económica destacou o feito de que “esta convocatoria se suma a outras que estamos levando a cabo estes días en colaboración con diferentes organismos e administracións supramunicipais para poñer en valor o sector pesqueiro e marisqueiro e tamén o medio ambiente”. Os concelleiros naroneses animaron á veciñanza a participar nesta actividade, donde se cumprirán todas as indicacións sanitarias para garantir a seguridade dos asistentes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal