Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PRESIDIU A TOMA DE POSESIÓN DE DOUS NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
A ALCALDESA PRESIDIU A TOMA DE POSESIÓN DE DOUS NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Marián Ferreiro felicitou aos dous novos policías locais ao tomar posesión do seu cargo e desexoulles o maior dos éxitos na súa función para garantir a seguridade da cidadanía
Narón, 2 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu hoxe o acto de toma de posesión do seu cargo de dous novos axentes da Policía Local, Sara Fernández Bouza e Sergio Manuel Aceña Berlanga. No acto estivo tamén presente o secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local da cidade, Eduardo Pita.
Os axentes que asinaron hoxe a súa toma de posesión incorporáronse ao Concello o pasado mes de marzo como axentes en prácticas, para realizar posteriormente a formación práctica nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), ubicadas no concello da Estrada, en Pontevedra.
Marián Ferreiro deu a benvida a Sara Fernández e Sergio Manuel Aceña, e destacou o incremento no persoal da Policía Local, ata agora integrado por 36 axentes e que no último ano se incrementou con tres máis. “Coa incorporación dos dous policías e un terceiro que tomou posesión hai uns meses poderemos reforzar o plantel da Policía Local”, recalcou a alcaldesa, que os felicitou “pola vosa vocación de servizo público, como garantes da seguridade de todas e todos nós, función que aparella unha gran responsabilidade coa cidadanía e para a que vos desexo o maior dos éxitos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal