Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA REUNÍRONSE CON REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA REUNÍRONSE CON REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
Marián Ferreiro e David Pita recolleron as propostas plantexadas polas representantes da entidade e comprometeron o respaldo do goberno local ao colectivo
Narón, 2 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, reuníronse esta mañá no Concello con dúas representantes da Asociación de Comerciantes de Narón para continuar analizando a situación do sector, co que o goberno local traballa nunha campaña xenérica e outra orientada á tempada de Nadal.
Ambas partes coincidiron na necesidade de continuar implantando medidas preventivas da propagación da Covid-19, mentres que dende a ACN manifestaron a súa disconformidade co peche de sectores como o hostaleiro, ao que dende o venres restrinxen na reapertura horarios e aforos en función da situación epidemiolóxica de cada concello.
Dende a citada entidade presentaron unha serie de propostas encamiñadas a potenciar a adhesión á plataforma “Merca en Narón” para fomentar as compras online, solicitar á Xunta e á Deputación a creación de canles de colaboración co Concello para fomentar a creación do emprego, e outras medidas, algunhas delas xa en vigor no termo municipal, como a exención da taxa de terrazas no período que os establecementos permaneceron pechados debido ás restricións sanitarias e tamén da cota de abastecemento.
A continuidade da campaña de implantación dos selos “Comercio seguro”, reforzando os cumprimentos dos protocolos de seguridade nos comercios e a habilitación de patrullas de seguridade con policías locais de paisano polas rúas, para vixiar o cumprimento das medidas sanitarias, foron outras das propostas formuladas dende a ACN.
A alcaldesa e o edil de Promoción Económica comprometéronse a analizar a viabilidade das propostas plantexadas e recalcaraon que “dende o goberno local continuaremos á disposición do sector para tratar de axudar na medida das posiblidades da administración para minimizar os efectos desta crise sanitaria”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal