Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN FOI O SEGUNDO MUNICIPIO DA PROVINCIA EN TRAMITAR MÁIS AXUDAS DO PROGRAMA "PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que o Consistorio posicionouse en segundo lugar entre municipios da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes e máis de 2.000 empresas cun plantel de 0 a 9 traballadores/as
Narón, 8 de decembro de 2020. Narón foi o segundo municipio da provincia con menos de 50.000 habitantes e máis de 2.000 empresas de 0 a 9 traballadores/as en tramitar máis axudas do programa “PEL Reactiva-Concello de Narón”, impulsado pola administración provincial en colaboración co Consistorio. O municipio que máis solicitudes recibiu na provincia foi o de Carballo, cun total de 641, seguido por Narón, cun total de 484, Arteixo (410) e Oleiros (400) segundo se desprende dos datos feitos públicos pola Deputación da Coruña. Na cidade contabilízanse un total de 2.353 empresas, das que 484 solicitaron as axudas do citado programa, se ben en Carballo, con 2.833 empresas no termo municipal, tramitáronse 641, situándose respectivamente en segundo e primeiro lugar en recibir máis solicitudes. “Dende o Concello consideramos que a través deste programa provincial se contribuirá, ao igual que se fixo con anterioridade co programa municipal Narón Impulsa, a paliar os graves efectos que a crise da Covid-19 está tendo en diferentes sectores”, recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local recordou que o Concello tramitou as axudas entre o 6 e o 25 de novembro a través da Sede Electrónica do Concello. A Deputación da Coruña destinou unha contía global de 457.292,79 euros á cidade para microempresas e persoal autónomo con ou sen empregados/as ao seu cargo (o cadro de persoal non pode superar os 9 traballadores/as). O importe destas axudas é de 1.500, 2.000, 2.500 ou 3.000 euros, en función de cada caso e poden destinarse á adquisición de material antiséptico ou desinfectante, produtos de hixiene e limpeza, arrendamentos e canons de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións, adaptación dos locais ás medidas preventivas da Covid-19 e primas de seguros e subministros, según se estipulo nas bases. Ferreiro indicou que as resolucións provisionais e definitivas deste programa, nas que aparecerán as empresas admitidas, excluídas e as que terán que subsanar documentación, publicaranse na Sede Electrónica do Concello de Narón. “As persoas que tramitaron estas axudas deben de estar pendentes da Sede Electrónica, donde se informará puntualmente de todo o proceso que continúa activo ata que se realicen os pagos”, subliñou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal