Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ UN CONCERTO DE TANXUGUEIRAS E O SÁBADO A OBRA TEATRAL "O MEL NON CADUCA"
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ UN CONCERTO DE TANXUGUEIRAS E O SÁBADO A OBRA TEATRAL
O aforo actual do Pazo está limitado a 250 persoas, polo que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles para estas dúas propostas culturais, tal e como indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 10 de decembro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous espectáculos. Con motivo das actuais indicacións sanitarias, o aforo actual do Pazo da Cultura está limitado a 250 persoas, polo que aínda quedan dispoñibles algunhas entradas tanto para o concerto “Contrapunto”, de Tanxugueiras, como para a obra teatral “O mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro.
O grupo de música folk Tanxugueiras actuará mañá no Pazo, ás 20.30 horas, presentando o seu novo disco, "Contrapunto", un repertorio que incide na recuperación da tradición das pandereteiras e integrada con harmonías de diferentes estilos de música galega, da man de Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío.
Na xornada do sábado será o turno da compañía Ibuprofeno Teatro, que ás 20.00 horas representará a obra “O mel non caduca”, unha traxicomedia biodegradable e ecosostible sobre a obsolescencia programada da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.
As entradas para cada unha destas propostas culturais no Pazo teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal