Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPULSA A CAMPAÑA "COS MEUS MELLORES DESEXOS" DIRIXIDA AO SECTOR COMERCIAL DA CIDADE
O CONCELLO IMPULSA A CAMPAÑA
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recalcou que se trata dunha iniciativa de balde dirixida a todos os establecementos comerciais da cidade
Narón, 10 de decembro de 2020. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a posta en marcha, un ano máis, da campaña “Cos meus mellores desexos”, impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón. En colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística e coincidindo coa campaña “Nadal 2020” promovida tamén polo Concello, con esta nova iniciativa os comercios da cidade que o desexen poderán recoller, de balde, etiquetas adhesivas para colocar nos envoltorios dos agasallos que merquen as clientas e clientes dos seus establecementos, tal e como indicou Taibo.
As mensaxes son moi variadas “Cos meus mellores desexos”, “Parabéns”, “Quérote”… e para recibir estas etiquetas é preciso contactar con Servizo de Normalización Lingüística do Concello, no quinto andar, se ben tamén se poden solicitar a través do teléfono 981 337 700 (extensión 1516) ou do correo electrónico: a.pita@naron.es.
Taibo indicou que xa se informou á Asociación de Comerciantes de Narón desta iniciativa e recalcou que está aberta a todas as persoas que desexen participar. “Queremos impulsar o uso do galego no comercio local e de aí esta proposta, que levamos a cabo dende o ano 2016 e a través da que fomentamos o uso da nosa lingua como un valor engadido, asociado á proximidade, calidade e autenticidade”, asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal