Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO PAZO DA CULTURA CON MOTIVO DO AVANCE DAS OBRAS DE REPARACIÓN DE AULAS
Marián Ferreiro explicou que os traballos incluíron a insonorización dunha das aulas para mellorar a acústica do espazo
Narón, 10 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ao Pazo da Cultura con motivo da execución das obras do proxecto de reparación de aulas no Pazo da Cultura. A intervención, que rematará nos vindeiros días, supuxo un investimento de case 11.000 euros, contía que permitirá mellorar a capacidade das aulas, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro. Na visita estivo tamén presente o director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández. A intensa actividade que ao longo do ano se desenvolve no Pazo da Cultura, sumada ás restricións derivadas da pandemia pola Covid-19 levou ao goberno local a acometer algunhas reparacións que afectaron a tabiques, rodapés, instalación eléctrica… “O proxecto implicou mover tabiques para así poder contar con algunha aula máis ampla e cumprir as recomendación sanitarias no momento de impartir as clases aos diferentes grupos”, explicou. Así mesmo, Ferreiro recalcou que “os traballos de illamento de paredes e dun falso teito insonorizados tamén contribuirá a mellorar á acústica nas clases de música, que son as que se desenvolven nesa aula que se ampliou”. A rexedora local destacou que se trata dunha actuación “que redundará en beneficio do alumnado das Escolas Culturais Municipais e priorizando en todo momento a seguridade do mesmo”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal